Os feitos tiveron lugar ao redor das 18:00 horas cando un vehículo que circulaba pola rúa Camiño da Roca, cunha velocidade inadecuada, sáese da vía nun tramo curvo e precipítase a unha leira próxima. O condutor auséntase do lugar e deixa o vehículo abandonado. Os axentes realizan investigacións localizando ao titular do vehículo o cal identifica ao seu fillo como o condutor, acudindo ás dependencias da Unidade de Atestados, sendo denunciado polas infraccións cometidas e instruíndose dilixencias policiais.
Asemade, na Avenida Infanta Elena, á altura da rúa Alexandre Bóveda, un turismo atropela nun paso de peóns a unha muller de 77 anos, que é trasladada por unha ambulancia do 061 a un centro hospitalario, presuntamente con fractura de boneca. O equipo de Atestados inicia dilixencias policiais.
Fotografía: imaxe cedida pola Policía Local.