A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de membros da corporación municipal, recibiu este martes aos Reis Magos na carpa situada na Praza Horta do Seminario, onde as súas Maxestades de Oriente saudaron aos lucenses que se achegaron ao longo da mañá e que puideron facer entrega das súas cartas a través dun buzón real.
A rexedora deulles a benvida a Lugo e lembrou que dispoñen dun permiso especial para poder chegar a todas as casas de Lugo, pese ás restriccións con motivo da pandemia. Esta tarde, os Reis Magos trasladaranse á Praza de Augas Férreas, onde quenes desexen velos de cerca e saudalos poderán facelo dende as 17:00 ata as 20:00 horas.