Un home pérdese na neve cando trataba de cruzar a pé de Navia de Suarna a Cervantes.
Foi o propio afectado, un varon duns setenta anos, quen chamou aos servizos de emerxencias para pedir axuda ante a dificultade de avanzar o camiño debido á neve acumulada e ás baixas temperaturas.
Segundo explicou aos xestores do 112 Galicia, o coche no que se desprazaba quedou atoado pola neve, polo que decidiu continuar o camiño a pé. Sen embargo, as malas condicións climáticas e as características do terreo fixeron que perdera a orientación.
Pola súa banda, o persoal do 112 Galicia tratou en varias ocasións a xeolocalización da chamada mediante diferentes aplicacións, pero o señor engade problemas de visión para o manexo do móbil e activar a información necesaria para facilitar as coordenadas da súa situación.
Igualmente, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos efectivos do GES de Becerreá e dos voluntarios de Protección Civil de Cervantes, así como dos axentes da Garda Civil, que arestora continúa na procura do señor nas inmediacións da aldea de Poso, no Alto do Porto de Paxares.
Pasaban das dúas desta madrugada cando o home contactou primeiro cos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e despois co 112 Galicia para dar conta dos feitos e solicitar axuda e rescate.