Xa son 575 os infectados por Coronavirus en Lugo

Seguen medrando as cifras de contaxiados na área sanitaria de Lugo. Nas últimas vinte e catro horas, a cifra total aumentou en  corenta e catro casos. Sen dúbida estamos inmersos na terceira onda, son malas noticias para todos, pero especialmente para os negocios que levan pechados dende marzo, como son os dedicados ao ocio nocturno. E a pregunta é : quen vai  facerse cargo das perdas destes establecementos, logo de case un ano pechados?

A Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.404, deles 1.377 son da área da Coruña, 575 da de Lugo, 734 da de Ourense, 743 da de Pontevedra, 1.146 da área de Vigo, 1.442 da de Santiago, e 387 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 342 en unidades de hospitalización e 6.005 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 57.925 persoas curadas, rexistrándose 1.427 falecementos.

Os últimos falecementos por coronavirus rexistrados en centros hospitalarios correspóndense cunha muller de 85 anos falecida no CHUAC, unha muller de 76 anos falecida no CHUO, un home de 82 anos que faleceu no CHUS, un home de 82 anos que faleceu no CHUF e un home de 64 anos falecido no CHUVI e procedía da residencia de Moledo, en Vigo. Así mesmo, na xornada de onte produciuse o falecemento dun home de 88 anos no seu domicilio de Ourense.

O número de PCR realizadas é de 1.145.403.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com