A Policía Nacional detén en Lugo ao presunto autor dun apuñalamento

A Policía Nacional detivo esta mañá ao presunto autor dun apuñalamento na cidade de Lugo. Os feitos producianse en torno ás 6 da mañá de hoxe no cuarto piso dun edificio da rúa Río Sil. A vítima, natural de Ourense, saiu do edificio, e logrou camiñar, malia estar ferido de gravidade, uns 100 metros, en direción á costa de Narciso Peinado, onde caeu no chan.  Axentes da Policía Nacional desprazáronse ao lugar, tomaron pegadas e inspeccionaron o lugar e as pertenzas do home ferido. Descoñécese, polo momento, as identidades de vítima e agresor pero si se fixo público que ambos son varóns, que a vítima foi trasladada de urxencia ao HULA e o presunto autor dos feitos foi detido.

A Policía Nacional continúa a tomar as pegadas no lugar dos feitos e a rúa Narciso Peinado continúa cortada ao tráfico e acordoada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com