Un home da cidade de Lugo enfróntase a unha sanción económica que supera os 2000 euros por tocar o cú a unha camareira que lle atendía nun establecemento da localidade. Os feitos tiveron lugar o pasado 11 de marzo de 2019 no bar no que traballaba a muller. Segundo afirma o ministerio fiscal, o procesado estaba no interio do local e, cando pasou a camareira polo seu lado, este tocoulle intencionadamente unha nádega con ánimo libidinoso.
Ese mesmo día, a vítima presentaba a correspondente denuncia en comisaría pero renunciou ao exercizo de accións civís por estes feitos polo que o xulgado prohibíu calquera comunicación coa afectada así como unha orde de afastamento de 200 metros coa mesma.
A vista oral, onde o acusado aceptou esta multa tivo lugar onte no xulgado do Penal número 2 de Lugo.