Louzao tilda de “postureo” que Méndez chame madeira autoctona á que se usa na construción do Impulso Verde

A voceira municipal de Cidadáns, Olga Louzao, tildou esta mañá de “postureo” a política que, na súa opinión, segue o executivo de Lara Méndez ao dar información que segundo a da formación laranza é enganosa, en relación aos materiais de construción do novo edificio Impulso Verde. Segundo declaran dende o goberno este edificio será construído con madeira autóctona certificada. Sen embargo, segundo denuncia Louzao, o Impulso Verde construirase con eucalipto e piñeiro radiata, “ambas especies exóticas e foráneas”.

“Estamos totalmente de acordo en que contar cun aserradeiro lucense e unha excelente noticia, pero chama poderosamente a atención que nun proxecto destinado a ser un exemplo de modelo a seguir  emprégase este tipo de materiais, cando se pretende, segundo as súas propias palabras, potenciar a produción e transformación industrial de madeiras de especies autóctonas nobres. É unha contradición inescusable que ademais conduce intencionadamente ao engano”, continuo a edila.

“No mercado galego existen na actualidade empresas que fabrican estruturas de madeira laminadas con materiais autóctonos nobres, como é o caso do castiñeiro, polo que creemos que este tipo de madeiras deberían de ser as elixidas para a construción deste emblemático edificio. Dado que este edificio, en eucalipto e piñeiro americano, xa está en fase de execución, solicitamos que se empreguen, na medida do posible e en acabados interiores, madeiras de especies autóctonas galegas, e que se faga unha declaración por parte da corporación, no próximo Pleno, en apoio as especies autóctonas para que en futuros proxectos se potencie o seu uso, tanto en reformas como en obras de nova execución”, afirmou Louzao.

“De feito, o propio proxecto, noutra das súas actuación si fai unha aposta pola madeira autoctona, pero non neste caso. Dentro da iniciativa denominada Selvicultura de Frondosas Autóctonas no medio urbano para produción de madeira de calidade plantarase 4 hectáreas de especies frondosas realmente autóctonas, non como o edifico Impulso verde, como cerdeiras, freixos, pradairos e carballos”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com