O PP propón recuperar o anfiteatro do Campus como auditorio ao aire libre

A concelleira popular Beatriz Vázquez propón ao bigoberno que “acondicione o anfiteatro que hai no Campus, que ten unha capacidade de 2.500 prazas e un escenario de 800 m², como novo emprazamento para desenvolver actos culturais de forma segura nestes tempos da covid”. A popular mesmo suxería que este escenario podería servir para exhibicións deportivas ou coreografías de escolas baile”.

Para os populares “este é o momento para recuperar esta infraestructura” que se fixo no ano 2000 cun goberno do Partido Popular e que, “co paso do tempo, os sucesivos gobernos socialistas e nacionalistas deixaron abandonada e non foron quen de dárlle un uso”. A edil do PP suxire que o concello de Lugo inste “á Deputación e á Universidade para que, entre todos, recuperemos esta infraestructura” e reclama que se consensúen propostas para dárlle un uso de cara a privamera e o verán deste 2021”. Beatriz Vázquez indicou que este acordo, debería ser sinxelo xa que a responsable de Cultura do concello, Maite Ferreiro, é a mesma persoa que se ocupa da vicepresidencia da Deputación polo que “non tería porque haber ningún problema para axilizar a recuperación deste anfiteatro, sobre todo tendo en conta que estamos a falar de garantir o acceso a unha cultura segura”.

Os populares explicaron que o anfiteatro do campus presenta neste momento un estado ruinoso. A popular enumeraba as súas deficiencias “gradas pintadas, pedras de granito arrincadas e reventadas, malezas e lixo” indicando que “a zona onde supostamente está o escenario as fogatas estragaron moitas das lousas, tamén falta a practica totalidade da reixa metálica dos sumidoiros e hai pezas metálicas tiradas no chan”.

Para Beatriz Vázquez é lamentable “a falta de mantemento desta construcción que se inaugurou no ano 2000 e que custou aos lucenses
máis dun millón de euros”. “Estamos falando dun anfiteatro que se fixo nunha zona privilexiada de Lugo e que é a porta de entrada do campus” manifestando que “é moi pobre a primeira impresión que se levan os que accedan ao campus lucense por Alfonso X”.

Vázquez explicou que “ainda que somos conscientes que a distancia co centro é un inconvinte eso non significa que non sexa un lugar viable e
atractivo para programar actuacións ao aire libre xa que hai transporte público ata este punto así como zona de aparcamento nas súas inmediacións”. O anfiteatro do campus inaugurouse no ano 2000 a obra foi realizada pola Escola Taller da Deputación, custou máis dun millón de euros e ten unha capacidade para 2.500 persoas e un escenario de 800 m² . Tamén se fixeron dous paseos en semicírculo, cunha superficie total e 2.000 m², pavimentados en pedra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com