“Tomé foi moi irresponsable cando eliminou o teletraballo na Deputación e agora ten que rectificar”

O Partido Popular na Deputación acusa ao presidente do Executivo provincial, José Tomé, de irresponsable ao eliminar hai meses a posibilidade do teletraballo aos empregados proviniciais. Segundo o PP, o goberno provincial demostra así unha capacidade de incorrer repetidamente, din no mesmo erro.  Segundo o voceiro popular, Javier Castiñeira, Tomé tivo que rectificar en relación ao teletraballo debido a varios casos de positivos entre o persoal da Deputación.

Castiñeira lembraba esta mañá como o seu grupo, en novembro, denunciaba “mediante unha circular interna” o goberno provincial “eliminaba a posibilidade de teletraballar; chamounos especialmente a atención que se impedira a posibilidade de teletraballar o 50% da súa xornada a aquelas persoas con fillos en idade escolar ou con dependentes ao seu cargo. Non entendemos aquela decisión; críamos e cremos que o teletraballo era e é positivo, non só para conciliar a vida laboral e familiar,  senón para evitar contaxios, e especialmente sabendo as previsións que había xa naquel momento”.

Os populares consideran que “Tomé foi moi irresponsable cando eliminou esta posibilidade e agora non lle queda outra que rectificar, despois de varios casos positivos nestes últimos días entre o persoal da Deputación, incluídos varios deputados do equipo de goberno”. Así as cousas, Castiñeira pide “explicacións ao señor Tomé” e indica que o presidente da Deputación “debe pedir desculpas, sobre todo aos traballadores por poñelos en risco”.

Os populares instan a Tomé “a que confíe na tecnoloxía e na importancia da conciliación da vida laboral e familiar”. Castiñeira di: “O teletraballo veu para quedarse; é positivo e debe regularse. Máis confianza, señor presidente, nos traballadores e sobre todo moito máis coidado, porque as malas decisións ao final poden afectar a moita xente”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Xan 18, 2021 - 09:23 PM

    Deus meu, qué xente mais cansina, todos os días coa mesma leria. E os de Xornal de Lugo, veña, veña, a darlles cancha.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com