Jorge Mariño Pereiro, novo Xefe do servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xunta

Jorge Mariño Pereiro vén de tomar posesión como novo xefe do servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xunta en Lugo, que depende da Consellería de Política Social e está situado na rúa Serra de Ancares.

Mariño é licenciado en Dereito pola Universidade de Vigo e funcionario de carreira da Administración autonómica desde o ano 2010. Desde o seu ingreso exerceu distintas funcións e responsabilidades, principalmente nas áreas de Emprego e Industria. Hoxe mantivo unha primeira xuntanza de traballo co delegado territorial da Xunta, Javier Arias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com