A prisión o home detido por chegar a Lugo con 330 gramos de cocaína

O Xulgado de Instrucción  número 1 de Lugo decretou no día de onte o ingreso en prisión do home arrestado o pasado martes tras chegar á estación de autobuses da capital con 330 gramos de cocaína, 16 de marihuana e unha trintena de pastillas de Viagra. Asemade, os axentes requisaron tamén ao detido 205 euros en efectivo e unha pistola de aire comprimido.

A Policía Nacional abriu unha investigación xa o pasado mes de novembro mediante a que arrestou a varias persoas por distribuir droga no barrio da Milagrosa. O acusado xa fora investigado no operativo de novembro dende o que os axentes mantiveron abertas as pesquisas sobre el.

Tras aquela intervención policial, o detido deixou o negocio que rexentaba -unha perruquería da rúa García Abad- en mans doutra persoa e mudouse a outro país. Pouco despois regresou e os axentes volveronlle seguir a pista tras sospeitar que volvía ao ilícito negocio. 

Hai uns días o sospeitoso marchou a Barcelona e os investigadores foron controlando os seus movementos ata que chegou en autobús a Lugo onde os policías esperábano cun dispositivo na estación de autobuses. Os axentes localizaron no seu equipaxe de man un pan aberto ao medio coa cocaína no seu interior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com