Segue imparable os casos de infectados por Covid na área sanitaria de Lugo

Un día máis temos que lamentar un importante aumento no número de positivos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. Nas últimas 24 horas o número de casos activos aumentou en 188, o que sitúa á provincia con 1.545 infectados segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade

En canto ao  o número de casos activos de coronavirus en Galicia  nas últimas 24 horas detectáronse 1.888 novos positivos. Con estas cifras Galicia bate un novo récord de contaxios,  e alcanza o número de 18.286 casos activos;  deles 4.826 son da área da Coruña, 1.545 da de Lugo, 2.568 da de Ourense, 1.579 da de Pontevedra, 3.349 da área de Vigo, 2.947 da de Santiago, e 1.472 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 142 están en UCI, 825 en unidades de hospitalización e 17.319 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 65.375 persoas curadas, rexistrándose 1.599 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.309.379.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com