Prosegue o enfrontamento da ANPA de Baamonde contra o Concello de Begonte

Segue a controversia entre os veciños de Baamonde e o Concello de Begonte por mor da iniciativa do concello de pechar o colexio de Baamonde e instalar nel un conservatorio de música e un auditorio.

No último pleno e malia as protestas da ANPA e de veciños, o goberno municipal aprobou unha moción para solicitar o peche do colexio de Baamonde. Persoas que se opoñen ao peche cualificaban o pleno de “bochornoso” e suliñaron que “tachamos este plan de erróneo, igual que os datos que se expuxeron, e máis no medio dunha pandemia. O cole de Baamonde ten moito máis espazo que o de Begonte e o cociente alumnos/profesor aumentaría nesta fusión

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com