Comercio ata as 18 horas e peche da hostalería: así son as novas restriccións da Xunta

A primeira hora de esta tarde o presidente do Executivo Autonómico, Alberto Núñez Feijóo, comparecía ante os medios de comunicación para dar conta das últimas medidas adoptadas polo Comité Clínico ante o significativo aumento de casos diarios que está a vivir a comunidade galega que leva máis dunha semana encadeando recórds de contaxios e casos activos.

Así, Feijóo adiantou que, dende ás 23.59 de mañá, martes, se establecerá o xa coñecido como “Modelo O Carballiño”, é dicir, o nivel máximo de restriccións a todos os concellos galegos.  Todas estas restriccións se alargaranse durante un mínimo de tres semanas, como data estimativa, en función da evolución da pandemia, o Goberno galego prevé que podan reducirse estas limitacións a partir do 17 de febreiro.

Hostalería

O Goberno galego vén de establecer o peche total da hostalería excepto para reparto a domicilio.

Comercio

As actividades esenciais (farmacia, supermercado…) poderán manter o mesmo horario que ata o de agora, pechando os locais as 21.30 horas. Doutra banda, comercio non esencial terá a obriga de pechar ás 18.00 horas. E, ademáis, os Centros Comerciais terán que pechar durante as fins de semana.

Cultura

Con respecto ás actividades culturais, o Goberno autonómico, decidiu o peche de todas as instalacións culturais. Museos, biliotecas, salas de espectáculos ou cines, entre outros, permanecerán pechados. Do mesmo xeito, non poderán abrir as súas portas os centros sociais, así como clubs de xubilados e centros semellantes.

Deporte

Feijóo anunciou ademáis o peche das instalacións deportivas como os ximnasios. Con todo, os galegos seguiremos podendo realizar deporte sempre que sexa ao aire libre, de maneira individual e con máscara. Asemade, as competicións deportivas de ámbito auntonómico continuarán prohibidas e só se poderán celebrar competicións nacionais e internacionais sempre e cando sexan a nivel profesional e se celebren a porta pechada.

Reunións sociais

As reunións sociais quedarán limitadas a persoas convivintes tanto en espazos públicos como privados. Non se permitirán as visitas a pacientes ingresados en centros hospitalarios, salvo que se trate de persoas dependentes. E o toque de queda seguirá estipulado para as 22.00 horas. A este respecto o presidente autonómico, fixo un chamamento ao Goberno estatal para pedir que se valore, de novo, o adianto do toque de queda. Asemade, Feijóo pediu á poboación que se fomente o teletraballo e o autoconfinamento, nunha terceira vaga da Covid na que Galicia está a sufrir as súas peores cifras.

Terceira idade

Ningunha actividade relacionada coa terceira idade seguirá en funcionamento agás  as Residencias e os Centros de Día.

Peche perimetral

Todos os concellos galegos terán peche perimetral individual. É dicir, só se permitirá a mobilidade no interior dos municipios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com