A portavoz municipal, Olga Louzao, anunciou que o seu grupo rexistrou esta mañá unha proposición de urxencia para que o Concello inste ao Goberno de España e á Xunta a acelerar o proceso de inmunización como solución á crise sociosanitaria derivada da pandemia do Covid-19. “Desde as Administracións locais débese facer todo o posible para transmitir tanto ao Goberno de España como á Xunta de Galicia a realidade da rúa e a necesidade de poñer todos os recursos, tanto humanos, loxísticos como económicos, para acelerar o proceso de vacinación”, apuntou a concelleira da formación laranxa.
Ata o momento en España administráronse algo máis dun millón de dose, só ao redor do 3% da poboación recibiu o soro. “A falta de información e rendición de contas por parte do Ministerio de Sanidade é incomprensible, e máis si temos en conta o incremento constante dos casos de contaxios e falecidos en todo o conxunto do territorio. Necesitamos un mellor plan de vacinación nacional urxente, coordinado con todas as Comunidades Autónomas para unificar os esforzos e acelerar o proceso de vacinación para poder vacinar nesta primeira etapa a todos os grupos de risco, incluíndo o persoal sanitario e socio-sanitario como colectivos máis sensibles e expostos debido á atención directa aos pacientes con Covid-19”, asegurou Louzao.
A consecución deste obxectivo, no entanto, vese comprometida pola falta de transparencia e a ausencia dun control exhaustivo do cumprimento do protocolo e do proceso de vacinación, motivo polo que Cs xa solicitou a comparecencia no Congreso do Ministro de Sanidade para aportar a máxima claridade á situación real na que se atopa España respecto ao plan de vacinación. “Aínda por riba, déronse comportamentos políticos moi graves como os que presenciamos recentemente por parte do conselleiro e funcionarios da Consellería de Saúde de Murcia, así como os de diferentes alcaldes (de distintas cores políticas) e membros de equipos de goberno de diferentes territorios, sendo estes vacinados fronte á Covid-19 saltándose completamente o protocolo do Ministerio de Sanidad”, sinalou.