A Rede Museística provincial reforza a programación en liña ante as novas restricións

A Rede Museística reforza a programación en liña para manter a súa actividade de difusión da arte e do patrimonio malia o peche ás visitas presenciais, seguindo as restricións anunciadas pola Xunta de Galiza ante o avance da pandemia.

Os museos provinciais inician este mércores un proxecto pensado para todos os públicos con relatos mediados, ao vivo, a través dos seus perfís en Facebook. A proposta inclúe parladoiros, escape rooms, obradoiros e xogos que levarán ás usuarias e usuarios a coñecer as diferentes coleccións e salas dos museos.

As sesións programaranse todos os días ás 17.00 horas:
Os martes, xoves e sábados dende o Museo Provincial de Lugo.
Os mércores dende o Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo.
Os venres dende o Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos.
Os domingos dende o Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol.

A Rede Museística mantén a aposta por facilitar o acceso a contidos  culturais, como ven facendo desde o pasado mes de marzo adaptando a súa actividade á normativa vixente en cada momento para previr os contaxios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com