Modérase o número de casos por Covid-19 na Área de Lugo

Nas últimas 24 horas os infectados por coronavirus na Área sanitaria de Lugo ascende a 2129 casos, oito máis ca onte. Estes datos poden non ser reais por mor de que nas fins de semana o reconto  ten fallos. En todo caso, todo apunta que logo do incremento de onte que foi de 179 casos con respecto ao día anterior, as cifras, semella, están a mellorar. As persoas hospitalizadas baixaron en cinco  e saíron da UCI dúas.

Nas outras áreas sanitarias e no conxunto do país, a esta hora, segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, os casos activos por coronavirus en Galicia é de 22.608, deles 6.020 son da área da Coruña, 2.129 da de Lugo, 2.949 da de Ourense, 2.455 da de Pontevedra, 3.851 da área de Vigo, 3.425 da de Santiago, e 1.779 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 232 están en UCI, 1.130 en unidades de hospitalización e 21.246 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 72.756 persoas curadas, rexistrándose 1.761 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.410.559.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com