O PP alerta de que os partidos no goberno do Concello de Lugo pretenden privatizar un servizo municipal. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica, nas súas palabras, que PSOE e BNG “desmantelaron” Inspección de Tributos, un departamento que tiña a 6 traballadores e que dende o pasado mes de decembro conta con tan só dous deles.
Ameijide denuncia que a decisión xa está tomada por parte do Goberno e é que nos orzamentos municipais se plasma esta intención ao reservar unha partida de 405 mil euros para traballos, di o documento orzamentario, realizados por empresas en materia de tributos. Para o popular trátase dunha manobra que, segundo din, a propia concelleira de gobernanza recoñeceu a algúns traballadores.
Os populares expresan a súa disconformidade pola privatización deste servizo no que traballadores de empresas privadas teñen acceso a datos de cidadáns ao traballar con información municipal “estamos a falar de información moi sensible que debería estar só en mans de traballadores públicos”. Para os populares a privatización de inspección de tributos é unha práctica “máis que cuestionable” e, de feito, lembran que “hai sentenzas no País Vasco que fallan en contra de esta práctica” por considerar que “es disconforme a derecho”. Por outra parte tamén nega argumentos como que o traballo da firma privada sexa un labor que esta vaia a acometer “en colaboración co persoal municipal cando implique exercicio de autoridade”, tal que como require a inspección tributaria, pois tal condición só é atribuible “aos funcionarios que desempeñan o traballo de inspectores”.
Outro dos argumentos que manexa a sentenza do Tribunal Superior de Justicia Vasco é o Artículo 9 do Estatuto Básico del Empeado Público que di “el ejercicio de las funciones que impliquen la participación directa o indirecta en el ejercicio de las potestades públicas o en la salvaguardia de los intereses generales del Estado y de las Administraciones Públicas corresponden exclusivamente a los funcionarios públicos, en los términos que en la ley de desarrollo de cada Administración Pública se establezca”.