A CIG Saúde Lugo reitera a súa denuncia de falta de máscaras FFP2 para o persoal dos servizos sanitarios. No HULA, segundo explica a CIG, ao persoal de administración así como o des laboratorios, cociña, esterilización e outros servizos non se lles dan as máscaras de máxima protección.
Segundo explica a xerencia do Hospital, trátase de persoal non sanitario que non ten atención directa ao doente. Con todo, dende a CIG Saúde Lugo, lembran que un hospital sempre é atención directa aos doentes.
Dende o sindicato, asemade, critican a doble vertente do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo quen pediu ao presidente do Goberno do Estado que se fixera obrigatorio o uso de máscaras de FFP2, “mentras os traballadores dos servizos sanitarios que dependen do SERGAS están a traballar sen ela ou ben, os que poden permitirse mercala, mércana para vir o seu posto de traballo protexido e protexendo”. “Así as cousas parece que de cara o público din unha cousa e fan outra moi distinta cos traballadores”, conclúen dende a CIG Saúde.
Feb 03, 2021 - 04:06 PM
Pois terán que seguir, poñendo na prensa a diario. E para o que serven!