O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, estará presente xunto a cinco representantes do sector do ocio nocturno nunha reunión convocada pola vicepresidencia primeira da Xunta de Galicia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e presidida polo representante desta Administración, Alfonso Rueda, que terá lugar o vindeiro luns 8 de febreiro. A convocatoria ten como obxectivo debater acerca da problemática e da situación actual na que se atopan os hostaleiros do lecer nocturno.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.