O Concello de Lugo convoca 9 prazas variadas de acceso libre para acceder ao funcionariado municipal

O executivo de Lara Méndez incrementará a dotación de persoal municipal. O Concello abordará de forma inmediata a convocatoria de nove prazas de acceso libre para as categorías de ordenanza (2 prazas, unha delas reservada a persoas con discapacidade), celador/a de colexio público (4 prazas, 2 reservadas a persoas con discapacidade), técnico/a da administración xeral (2 prazas) e enxeñeiro/a industrial (1 praza).

A Xunta de Goberno Local aprobaba esta mañá as bases específicas para os catro procesos selectivos que se desenvolverán nos vindeiros meses co fin de fornecer estes departamentos cun maior número de efectivos.

A medida, segundo sinalou a edil de Gobernanza, “enmárcase dentro do Plan de Acción deseñado pola Alcaldía, co que se pretende non só modernizar a institución senón poñer a súa eficiencia ao servizo da cidadanía, sendo máis áxiles, máis accesibles e aumentando tamén a calidade e o número de prestacións dispoñibles”.

Paula Alvarellos lembrou que para a consecución dese obxectivo neste último ano se foron construíndo as bases que permitirán levalo a cabo, entre os que destacou a “imprescindible entrada en vigor da Relación de Postos de Traballo, marco de regulamentación indispensable para estruturar axeitadamente os recursos humanos do Concello”.

“Un fito ao que cómpre engadir a posta en marcha do sistema de fichaxe, que posibilitou o control presencial dos mesmos e unha maior fiscalización sobre a conveniencia da realización de horas extraordinarias que, neste 2021 queremos reducir ao mínimo”, salientou a responsable da área económica e persoal.

Alvarellos Fondo, engadiu que a existencia da RPT permitiu igualmente prover as xefaturas de área e materializar a convocatoria das distintas Ofertas Públicas de Emprego, “coa finalidade de ir dimensionando adecuadamente diferentes departamentos ou Corpos tan importantes como a Policía Local ou os Bombeiros, hoxe cun número de efectivos moito máis acorde á carga de traballo que asumen e aos cocientes de poboación do municipio”, concluíu.


Imaxe: Arquivo Concello de Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com