Ribeira Sacra Radio. Ese é o nome baixo o cal a empresa Sons Galiza Comunicación ampliará a súa oferta informativa no sur da provincia. Trátase dunha nova emisora de radio que se poderá sintonizar, a partir do mes de marzo, no 93.4 da FM. Así, a empresa editora deste diario dixital e que dirixe Radio Ancares Becerreá (107.4 FM), ofrecerá a mellor música e información de primeira man as 24 horas do día tamén no sur da provincia.
Dende Sons Galiza Comunicación continuarán ampliando esta información en vindeiros días.