Varios membros da candidatura de Lugonovo, entre eles o candidato ás municipais, Santiago Fernández Rocha, tomaron hoxe o bus urbano co obxetivo de ver in situ o funcionamento de diferente liñas de bus de Lugo, e comprobar a necesidade real dun rediseño das rutas.
Lugonovo sinalou que o Hula debería ser o punto central do transporte público. Para demostralo, os membros da candidatura colleron tres autobuses en tres liñas distintas e no horario máis próximo entre elas, un ás 12:00 horas en Casás, o segundo ás 12:05 en Fingoi, e outro ás 12:30 en Angelo Colocci. “Ao final chegamos todos a mesma hora ó Hula porque tivemos que facer transbordo obrigatorio en Ángel López Pérez”, indicou o alcaldable, Santiago Fernández Rocha, que aproveitou para falar da campaña do popular, Jaime Castiñeira.
” Moi boa esa campaña electoral na que o PP propón que os transbordos sexan gratis, pero xa debería saber que no bonobus xa vai incluido todos os transbordos que se realicen en 45 minutos e de todolos xeitos, cunha boa planificación e nunha cidade tan pequena como Lugo, antóxase posible eliminar os transbordos e o que é inaceptable que se tarde unha hora en chegar dende Casás ao HULA nun bus urbano, ou 55 min dende Fingoi”, sinalou Rocha.
Posteriormente á acción dos buses urbáns houbo un encontro con traballadores do HULA onde amosaron o seu interese polo programa político de Lugonovo.