Novo repunte de contaxios e casos de Covid na provincia logo de varias xornadas de estabilización

Xornada de repunte de contaxios e casos Covid logo de varios de estabilización. O avance da Covid na provincia parece non ter fin. Así, logo de varios días nos que os contaxios mantiñanse en cifras semellantes e un día de descenso de casos activos, na xornada de onte o Sergas detectou 102 novos positivos que volven a elevar a cifra de infeccións activas ata as 2105, 12 máis que no día de onte.

Asemade, ata as 6 da tarde o SERGAS rexistrara un leve descenso da presión hospitalaria con 65 pacientes en planta, cinco menos que na xornada anterior. Así o HULA conta con 36 infectados de Covid, o Hopital de Monforte séguelle con 20, a Mariña conta con 8 pacientes e o Polusa continúa con un. En canto ás unidades de críticos aumentan nun caso. A UCI do Lucus Augusti suma xa 24 pacientes covid mentres que na do hospital da Costa recupéranse 2.

No tocante aos falecementos nas últimas horas Sanidade notificou a morte de 3 pacientes na provincia que tiveron lugar días atrás, en total son 177 as vítimas do virus dende o comezo da pandemia. 

Trátase dun home de 87 anos falecido no centro de maiores de Sarria o pasado 30 de xaneiro, unha muller que finaba no HULA o dous de febreiro con 92 anos de idade, tamén procedente deste centro e outra de 84 anos que falecía onte no Hospital da Mariña e procedía no Asilo de Ribadeo.

Doutra banda, dende o pasado mes de marzo superaron a enfermidade xa 8.311 persoas na nosa provincia. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com