A Xunta abre o prazo para inscribirse nos cursos gratuítos preparatorios para obter os CELGA

A Xunta de Galicia abre hoxe o prazo para que as persoas interesadas poidan inscribirse nos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Permanecerá aberto ata o día 24 de febreiro.

Os cursos son gratuítos e voluntarios, e están dirixidos ás persoas que queiran presentarse ás probas que convoca a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e precisen dunha formación previa.

Na súa maioría foron convocados na modalidade de teleformación, se ben tamén se ofertan actividades presenciais en distintas sedes de Galicia. No caso de Lugo, o Edificio Administrativo da Xunta acollerá un curso para preparar o Celga 3, que se desenvolverá entre o 15 de marzo e o 6 de xuño en horario de 18.00 a 20.30 horas de luns a xoves.

Con carácter xeral as inscricións realizaranse por medios telemáticos, pero poden ser presenciais no caso de optar a cursos nesta modalidade. A programación completa e outros detalles da convocatoria pode consultarse no DOG ou na páxina web do Portal da lingua galega da Xunta.

Os certificados celga responden aos niveis de coñecemento sinalados no Marco común europeo de referencia para as linguas, un baremo estándar utilizado para medir o nivel de comprensión e expresión oral e escrita nun determinado idioma.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com