Unha muller de 55 anos foi detida en Lugo por extorsionar preto de 30.000 euros durante 30 anos a un varón ao que ameazaba con denuncialo por agresión sexual se non lle entregaba os cartos que lle ía pedindo. Así o informou nun comunicado esta mañá a Policía Nacional que relatou que os feitos foron denunciados polo home a pasada semana.
A detida, que contaba con antecedentes, manifestou que levaba 30 anos extorsionando ao denunciante. Comezou con cantidades pequenas de 20 ou 30 euros pero foi aumentando as súas peticións ata chegar a pedirlle ao home entre mil e dous mil euros; sempre a cambio de non realizar unha denuncia falsa por violanción. Segundo indica a Policía durante as entregas dos cartos, a muller ameazaba ao home con que ou lle daba os cartos ou tiraríase ao chan e gritaría pedindo auxilio. Ante esta situación o denunciante decidiu denunciala ante as autoridades.