O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, denuncia que Lara Méndez segue a pasar a cobro os recibos do lixo e da auga con total normalidade, incluíndo nese cobro negocios que levan 11 meses pechados e dende marzo do ano pasado aínda non puideron abrir de novo as súas portas.
Ramón Carballo fai públicas as queixas de varios establecementos da cidade, a maior parte deles locais de ocio nocturno, que viron como en marzo de 2020 tiñan que pechar as súas portas debido ás restriccións sanitarias e que, dende entón, non puideron abrir nin un so día os seus negocios. Unha situación que contrasta coa política seguida por Lara Méndez de seguir cobrando os recibos integramente a estes negocios a pesar de que non fixeron ningún uso destes servizos municipais e a que non puideron abrir as portas para traballar.
Para o voceiro popular a postura da rexedora “é intolerable” xa que hai moita xente que o está a pasar moi mal e o Concello de Lugo ten que facer todo o que estea nas súas mans para axudar aos veciños da cidade nestes momentos tan complicados. “Xa non valen escusas como que é preciso manter eses recibos para cadrar ingresos e gastos, xa que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo poden evitar gastos innecesarios para axudar aos lucenses”, sinalou.
Entre as medidas que se poderían desenvolver dende o Concello de Lugo para eximir destes recibos aos autónomos e pequenos empresarios que aínda non puideron abrir os seus negocios están gastos innecesarios como a suba salarial do 2% que a alcaldesa e o vicealcalde se regalaron, o gasto de máis de 100.000€ en dous vehículos oficiais de alta gama ou os 21.932,34€ que se gastaron en cadeiras e mesas de deseño e cinceiros de 300€ para o xardín do CEI-Nodus.
Feb 08, 2021 - 10:36 PM
Gustaría e a min ver como seria, se fose e o alcalde……
Feb 08, 2021 - 04:48 PM
En concellos onde goberna o PP, tamen cobran, menos hipocresía.
Feb 08, 2021 - 05:00 PM
José Manuel González Díaz pois neses con ellos que fagas oposición os socialistas e demais.
Cada un ten que defender o seu