Continúa o baile de cifras da Covid 19 na provincia. Ao aumento das altas recibidas, 130 no día de onte, únese hoxe unha lixeira suba de contaxios pouco significativa. Ambas sitúan a cifra de casos activos moi por baixo dos días anteriores. En total, segundo o último informe do SERGAS con datos recollidos ata as 18.00 horas de onte, a provincia ten un total de 1641 casos activos, contra os 1721 da xornada anterior ou os 2093 do pasado mércores.
Sen dúbida, son boas cifras que continúan a consolidar este descenso da terceira vaga, a que máis afectación tivo na nosa comunidade.
En canto aos contaxios, como dixemos ao principio, o informe do SERGAS revela un leve aumento fronte as 41 infeccións detectadas o luns, no día de onte 48 persoas resultaron positivas nas probas diagnósticas. Unha suba insignificante que non preocupa demasiado ás autoridades sanitarias.
O que tamén é positivo nese novo informe realizado polo Servizo Galego de Saúde é o relativo á presión asistencial. Se ata o día de onte esta cifra mantíñase á alza, no día de hoxe, por primeira vez en días a cifra baixou levemente. Malia que non é moi reseñable este descenso si é positivo. Así en plantas de hospitalización manteñense 66 pacientes covid, 6 menos que no día de onte; pola contra nas unidades de críticos a cifra sobe en 2 casos, en total son 28 os pacientes na UCI.
En canto aos falecementos a provincia rexistrou dende o inicio da pandemia 192 mortes causadas polo virus. A última, unha muller de 90 anos de idade que finaba onte no Hospital de Monforte. Con todo, non podemos deixar de lembrar áss 9.190 persoas que a día de hoxe superaron a infección na nosa provincia.