Detido por ir sen carné, saltándose o peche perimetral e sen máscara con non conviventes

A Policía Local de Lugo interceptou no día de onte un turismo cuxo condutor carecía de permiso de conducir por perda total dos puntos, polo que foi trasladado á Unidade de Atestados da Policía Local onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.  

Así mesmo os axentes da Unidade de Barrio comprobaron que o devandito condutor entrara no municipio de Lugo procedente doutro sen causa xustificada, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia e propoñéndose sanción de 500 euros.

Asemade, o mesmo condutor foi denunciado tamén por senllas infraccións á Lei de Saúde por estar no interior do vehículo con outras dúas persoas non conviventes, o que serían outros 500 euros e non utilizar a máscara de protección, cunha sanción de 100 euros. En total 1100 euros de multa aos que se enfronta hoxe este condutor.

A esta sanción económica, súmaselle o delito contra a seguridade viaria consistente en conducir carecendo de permiso por perda total de puntos que está castigado no Código penal coa pena de prisión de tres a seis meses ou coa multa de doce a vinte e catro meses.


Imaxe: Control Policía Local- Cedida por Concello de Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com