O Concello pide á Xunta concreción sobre a apertura dos postos da Praza e do Mercado nos sábados

O Concello de Lugo, a través da área de Participacion vén de  reiterar a súa consulta á Xunta acerca da posibilidade de apertura do conxunto de postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal nas xornadas do sábado, segundo o estipulado nas últimas restricións impostas polo goberno galego.

A área de Participación facilitou ás vendedoras e vendedores afectados o contacto da Xunta de Galicia, como responsable da normativa para que consulten as restricións específicas que se aplican á actividade que están a desenvolver.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com