Detida unha muller en Becerreá por negarse a usar a máscara

E en Becerreá unha sexaxenaria foi detida onte por negarse a utilizar a máscara de protección ao entrar nunha sucursal bancaria da localidade e agredir aos axentes da Garda Civil que foron ao lugar trala chamada dos empregados. 

A muller, de 65 anos, segundo relatou a Garda Civil, accedeu ao banco esixindo que a atenderan rapidito, dixo, xa que non tiña máscara. Os empregados bancarios pedíronlle que se puxese unha máscara, chegando incluso a ofrecerlle unha, per oa muller, lonxe de facer caso comezou a vociferar e insultar a todos os que estaban no interior da sucursal. Axentes da Garda Civil acodiron ao lugar no que instaron á muller ao uso da máscara, momento no que a clienta agrediu a un dos axentes; que deciden detela e trasladala a dependencias oficiais onde se lle formula unha denuncia por vulnerar a normativa covid e impútanlle un delito de deobediencia e outro de resistencia e atentado contra a autoridade. A muller xa foi posta a disposición xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com