Baixan os casos activos por Covid-19 e suben os contaxios

Na área de Lugo seguen a baixar o número e casos activos; nas últimas 24 hora o descenso foi de 55 persoas, aínda que os casos detectados neste período subiron en 9 con respecto a onte.  A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou na súa última actualización, que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.487, deles 4.405 son da área da Coruña, 1.382 da de Lugo, 1.435 da de Ourense, 1.922 da de Pontevedra, 2.346 da área de Vigo, 1.957 da de Santiago e 1.400 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 218 están en UCI, 783 en unidades de hospitalización e 13.846 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 90.911 persoas curadas, rexistrándose 2.080 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.565.070.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com