Tralo anuncio da Xunta nun cambio nas restricións a partir do día de hoxe, dando a posibilidade de que as salas de cinema volvan abrir a un 30% da súa capacidade; os Codex Cinema veñen de anunciar que retomará as súas proxeccións o próximo venres coa estrea de A moza do brazalete, un thriller xudicial francés onde o drama criminal é unha escusa para reflexionar sobre as diferencias xeracionais entre pais e fillos na sociedade actual, un tema moi de actualidade co auxe de internet e a propagación de ideoloxías máis extremas e nihilistas nestes medios. Unha película sinxela e directa que conseguiu ter o mellor recadación por copia en España durante a pasada fin de semana, e que grazas a reapertura dos cines chega este venres a Lugo.
Para as salas lucenses, ao igual que para as do resto da Comunidade galega, foron semanas difíciles, pero finalmente poderán volver a proxectar cinema e ofrecer miradas alternativas, lonxe dos tópicos do cinema e a televisión americana que, por desgraza, dominan os medios de comunicación e as informacións de tipo cultural.
Post Views: 0