A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un menor veciño da localidade de Foz como presunto autor dun delito contra a saúde pública.
Segundo informa a Garda Civil, o menor, supostamente, ofreceu, incitou ao consumo e subministrou a outros menores un fármaco, do grupo das benzodiacepinas. Todos os menores que aceptaron os ofrecementos do imputado tiveron que ser asistidos de urxencia no hospital.
O investigado foi posto a disposición da fiscalía de menores de Lugo.
Delito de estafa
Noutro senso, o Instituto Armado vén de informar da detención dunha veciña de Sarria, de 46 anos de idade, como suposta autora dun delito de estafa. A investigada solicitara o pasado mes de xuño un crédito por importe de 5.000 euros suplantando a identidade dunha familiar. Asemade, a vítima denunciou que ten varios cargos bancarios indebidos na súa conta cun importe total de 3.000 euros. A detida xa foi posta a disposición xudicial.