O novo single dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón sae hoxe á venda. I missed you é o nome do novo track no que volven a colaborar con Stacie, unha das vocalistas máis importantes de Ucrania e que tan bon tándem veñen facendo nos últimos meses. Un tema moi fresco con toques “house en estado puro” que non dubidan que se situará nas listaxes de éxitos deste estilo musical.
I miss you está xa á venda palo selo discográfico Gold Lizard, propiedade do reconocido deejay Leandro da Silva. Nas súas últimas produccións. Frisco e Peón lograron situarse no circuito House europeo e as súas cancións foron incluidas en Charts e Listaxes de éxitos de toda Europa, chegando incluso a entrar nas radios de Estados Unidos.
Doutra banda, os músicos galegos continúan mentres traballando duro nos proxectos que teñen para 2021-2022, en novos singles e remezclas e a súa festa ‘Star people’ xunto ao radio deejay máis coñecido do Estado, Fernandisco.