O PP acusa ao goberno local de falsidade de documento público e de facer desvíos de partidas que logo non reflicten na listaxe de contratos menores que teñen que publicar no portal de transparencia do Concello. O Vicevoceiro popular Antonio Ameijide anunciou que solicitarán que o interventor e secretario informe sobre se os datos que se publican no Portal de Transparencia se corresponden coa realidade.
Os populares fan estas declaracións logo de que o concelleiro de desenvolvemento local afirmase que cambiou o destino dalgunhas partidas como as das sombrillas para a terraza do CEI Nodus “onde segundo unha certificación difundida polo propio goberno local se indica que os 6.388,80€ foron destinados para equipos de control para bombeiros e compra de equipamento informático, pero que consultado de novo o listado non se atopan as facturas ás que alude o concelleiro na súa terceira vez sobre o asunto”.
Os populares pregúntanse “cantos casos máis hai de desvios de fondos de contratos menores” e “porqué só xustifica as sombrillas, onde están os 5989,50 € dos toldos, vinilos, mupis 10.288,16 € que tamén orzamentaron”. Para os populares é de “extrema gravidade o que está sucedendo en Lugo” e sospeitan que “todo responde a que PSOE e BNG que ocultar xa que podería haber outras partidas na mesma situación”.
Ameijide explicou que “as versións contradictorias só poden responder ao nerviosismo de alguén que algo ten que ocultar. Cada día que pasa o bigoberno enreda máis o asunto: estamos faltos de chanchullos, fraccionamentos e da opacidade do PSOE e do BNG na xestión dos contratos menores”.
O PP lembra como a lei de contratos recolle a obriga de publicar todas as modificacións que se fagan matizando que “todo apunta a que colgaron no portal de transparencia unha listaxe para sair ao paso logo de que a Valedora do Pobo os obrigase a dar este paso”.
Feb 19, 2021 - 11:33 PM
Buenooooo. Mira ti, o membro do partido mais legal de España emitindo facturas, dando leccións de cómo se debe emitir unha factura.