BNG-Asambleas Abertas propón a implantación de puntos de segunda oportunidade

O candidato do BNG – Asambleas Abertas anunciou nunha visita ao mercadillo do parque da Milagrosa, que de chegar ao goberno impulsarán a creación de puntos de segunda oportunidade. Rubén Arroxo exlicou que se trata de acondicionar varios puntos na cidade para que as persoas poidan depositar obxectos que xa non utilizan para que outras persoas os poidan reutilizar.

Trátase dunha iniciativa que xa funciona noutras cidades europeas e que aposta por fomentar a cultura da recuperación e reutilización de obxectos. Arroxo explicou que estes puntos de intercambio estarían debidamente supervisardos polo servizo municipal de limpeza para evitar a acumulación de obxectos e que estes puntos se convirtan en depositos de lixo.

Rubén Arroxo sinalou que “estas dúas iniciativas enmarcanse dentro “do modelo de cidade que nos queremos para Lugo, unha cidade que funciona por que as persoas son as protagonistas da súa xestión””. A recuperación de obxectos domésticos e a recuperación do sistema de préstamo de bicicletas, “son dúas apostas da candidatura do BNG –-Asambleas Abertas para que os lucenses teñan mecanismos para poder levar un modelo de vida máis sostible nestes tempos de crise económica”.

Arroxo afirmou que estas propostas xurdiron das xuntanzas con diversos colectivos preocupados polo medio ambiente e polo desenvolvemento sostible. “”Temos que facer de Lugo un sitio amable e habitable para as persoas independentemente dos seus recursos económicos e cada vez está máis claro que o modelo consumista que puxo en marcha o capitalismo está máis caduco que nunca”, concluíu”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com