O Concello de Lugo lanza o boletín ‘Lugo Cidade Viva’

O Concello de Lugo implementará na rede o boletín ‘Lugo Cidade Viva’. O novo boletín electrónico, de periodicidade quincenal, recollerá novas sobre as accións que se desenvolven no municipio pero tamén noutras cidades do mundo e abordará cuestións relacionadas coas novas prácticas e políticas de desenvolvemento urbano sostible.

Deste xeito, o Concello busca implicar á cidadanía para crear conciencia social sobre un problema que afecta a toda a poboación como é o cambio climático e a contaminación atmosférica, partindo da premisa de que o coñecemento e a educación ambiental son fundamentais para entender as responsabilidades individuais e colectivas, así como os beneficios de coidar e preservar os recursos naturais dos que dispoñemos. nos que se compartirá contido relacionado coa temática medioambiental. Esta newsletter sumarase ás campañas de concienciación que o Goberno local está a realizar nos centros educativos, con apoio do Campus Terra no marco do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico, para que xa desde a infancia os nenos e nenas de Lugo queiran e protexan o medio natural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com