Os concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, pide ao goberno local actúe “inmediatamente” na Vía Romana XIX que se atopa “totalmente abandonada” por parte deste bigoberno, unha actuación que urxe sobre todo a raíz do temporal que esta semana pasou por Lugo e que deixou diferentes incidencias.
A imaxe que ofrece esta vía “é lamentable” e a inacción do goberno local propicia que a maleza invada cada vez máis o camiño e que este estea cheo de pozas, o que o fai case que impracticalbe en moitos treitos, e que agora conta con árbores e ramas caídas no camiño debido aos fortes refachos de vento dos últimos días.
Por iso, os populares fanse eco das queixas veciñais (dende o Grupo Municipal Popular xa se pediu en numerosas ocasións o axeitado mantemento desta vía) polio que se presentarán un rogo na comisión correspondente para solventar a situación. Un problema ao que se chegou por mor da “nefasta xestión” dos últimos gobernos municipais que tivo Lugo. Ante esta situación, os populares toman a iniciativa para que se adopten as medidas oportunas para que a Vía Romana XIX se atope nunhas condicións de mantemento “óptimas” xa que, recorda Manuel López, esta vía “ten unha importancia cultural enorme” xa que no pasado unía a Lugo con Astorga e Braga e, na súa recuperación, investíranse 360.000€ (270.000€ procedentes de fondos FEDER e 90.000€ do Concello).