Os museos provinciais reparten 400 láminas e caraveis para celebrar o Día de Rosalía

Os museos da rede provincial -o Museo de Lugo, o Museo de San Cibrao, o Pazo de Tor, en Monforte, e o Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol- están a agasallar ás visitas cunha ilustración e un fror para celebrar o Día de Rosalía.

Tratáse dun debuxo en carbón realizado pola ilustradora guitiricense Alba Nimbos sobre os versos do poema Cando a luniña aparece de Cantares Galegos e que forma parte dun volume editado polo Centro de Artesanía e Deseño no 150 aniversario do poemario de Rosalía.

Os museos dispoñen de 400 reproducións da lámina e outras tantas flores para que os visitantes recollan durante toda a xornada, no horario de apertura habitual, seguindo un protocolo adaptado á situación sanitaria: control de temperatura, rexistro dos datos de contacto, distancia de seguridade e uso de xel hidroalcólico antes de recoller as ilustracións.

Xúntase ao agasallo unha copia do manifesto da Asociación de Escritoras  e Escritores en Lingua Galega (AELG), asinado pola escritora Anna R. Figueiredo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com