Lugo Monumental e Kibus, xuntos para levar os produtos da Praza e do Mercado

Cando pensamos en venda a través de Internet asociámola con grandes distancias. Un produto adquirido en Sevilla envíase a Lugo e outro de Ponferrada leva a Barcelona. Con todo a tecnoloxía tamén nos ha de axudar a dispoñer dos produtos de proximidade e con esa filosofía naceu Kibus, unha plataforma web de compras a través de Internet destinada ao mercado local.

Esta filosofía é plenamente coincidente cos principios de Lugo Monumental, a asociación de empresarios do centro histórico que, ademais, é a máis representativa da Praza de Abastos e o Mercado de Quiroga Ballesteros, e de aí a alianza entre ambas as entidades. Esta iniciativa está dirixida, segundo anuncia Lugo Monumental, ao “cliente de sempre” da Praza de Abastos e do Mercado Municipal “pero tamén ao que polo seu traballo ou quefaceres diarios, non ten tempo para achegarse fisicamente a facer a compra”.

A plataforma dixital xa está dispoñible a través de www.kibus.online, e calquera pode facer a compra a través da Internet en calquera dos postos que xa forman parte da plataforma e recibir os produtos, directamente, na súa casa:
Peixes Mary Paz
Froitas e hortalizas Mar
Alimentación Café-Bar Vázquez Lolo
Panadería Pastelería Illán
Mantequería Masari
Carnicería Somoza
Carnicería Rafa
Produtos Galegos Lola
Froitas Laurín
Carnicería Ecolóxica Traloagro
Produtos Artesáns Peteiro
MangiArte

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com