O Goberno convoca unha nova xuntanza da Mesa de Transporte Público

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade anunciou hoxe a convocatoria dunha nova Mesa de Transporte Público “na que daremos conta dos avances realizados na renovación do transporte urbano de Lugo”, explicou o segundo edil do Goberno, que lembrou que “para a confección das novas liñas contamos con  máis de mil propostas da veciñanza”.

Na Mesa de Transporte Público están presentes, ademais do concelleiro de Mobilidade, concelleiros e concelleiras representantes do resto de Grupos Municipais, con Miguel Couto representando ao grupo municipal do PSOE, Antonio Ameijide por parte do PP e Olga Louzao por Ciudadanos. Rubén Arroxo afirmou que “desde a área de Mobilidade quixemos elaborar as novas liñas contando coa participación de toda a corporación municipal”.

A xuntanza da Mesa de Transporte Público terá lugar mañá, a partir das 9:00 no Salón de Comisións do concello.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com