O Concello de Lugo presenta as novas liñas de autobuses urbanos

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo, presentou esta mañá na Mesa de Transporte Público o proxecto de novas liñas de autobuses, realizado con máis de un milleiro de achegas da veciñanza da localidad. O documento definitivo xa está confeccionado, segundo anunciou o tenente de alcade que explicou que nas vindeiras semanas procederase á súa implantación.

O novo proxecto de transporte público está formado por 22 liñas, que estarán cubertas por 21 buses. Catro grandes liñas conectarán as zonas norte e sur de Lugo, e dúas máis que conectarán o leste co oeste da cidade, as conexións das distintas zonas, como o eixo Norte-Sur da cidade, que inclúe a Avenida da Coruña, a Ronda da Muralla, a avenida Ramón Ferreiro e a Avenida de Madrid, onde se atopa a maior parte da poboación, terán un bus cunha frecuencia de 10 minutos.

A unión do Campus con Fontiñas terá unha frecuencia de 30 minutos, e contarán con catro liñas realizando esta conexión. A unión da cidade co entorno da UNED terán unha frecuencia de 30 minutos. Os distintos barrios melloran as frecuencias de conexión co centro da cidade, pasando da hora entre cada volta que hai actualmente a 30 minutos cando entren en funcionamento as novas liñas.

O HULA gañará conexións con Fontiñas, a zona sur da cidade e a avenida das Américas, que co modelo actual non teñen transporte directo. As novas liñas permitirán conectar de xeito directo o hospital coas zonas de Fingoi, Magoi, Sagrado Corazón, as Gándaras, Avenida das Américas, Fontiñas, Fonte dos Ranchos, a Abella e Garabolos, mellorando tamén as frecuencias coa zona centro.

Un total de 12 liñas conectarán cada hora o centro da cidade co entorno do río, en catro puntos distintos. Cada 15 minutos pasará un bus das liñas pola pasarela en fronte do Pazo Universitario. O barrio da ponte estará
cuberto tamén por este novo proxecto de liñas, que pasará cada 30 minutos. A Fábrica da Luz e o parque da UNED, onde se accede á desembocadura do Rato co Miño, terán tamén unha frecuencia de 30 minutos.

Nos polígonos do CEAO e das Gándaras mellorarase tamén as conexións, quedando ambas áreas industriais co barrio de Fontiñas e o sur da cidade, cun total de seis liñas que entre os seus percorridos inclúen a unha das zonas industriais e dúas que pasan por ambas, unindo as áreas industriais de xeito directo con zonas como Fingoi, o Campus Universitario, Fontiñas, Magoi, Avenida das Américas e coa zona centro, pasando moitas destas liñas pola Ronda da Muralla. Ao mesmo tempo, a zona rural manterá o servizo contando con catro liñas de transporte público.

O Tenente de Alcalde presentou a proposta aos concelleiros e concelleiras representantes do resto de Grupos Municipais na Mesa de Transporte Público, que conta con Miguel Couto representando ao grupo municipal do PSOE, Antonio Ameijide por parte do PP e Olga Louzao por Ciudadanos. O segundo edil agradeceu “a implicación e a actitude propositiva de todos os grupos municipais na confección das novas liñas”, e lembrou que “antes da entrada en funcionamento das novas liñas, realizaremos unha campaña de promoción das mesmas para que toda a veciñanza planifique a nova mobilidade de Lugo”.

PP pide a gratuidade

Neste senso, o Partido Popular valorou de forma positiva a incorporación de varias das súas propostas dentro da reforma do transporte urbano. O vicevoceiro da formación agradecía que se tiveran en conta algunhas das súas modificacións de liñas, como exemplo poñía a liña 5 ou algunhas das máis importantes do rural, como a 3, a 4 ou a 11.

Con todo, os populares aproveitaron a xuntanza de hoxe para esixir a gratuidade dos transbordos, ou o cumplimento do acordo de pleno para que os autobuses urbanos de Lugo sexan gratuítos para os menores de 18 anos, xubilados, pensionistas, parados e familias con escasos recursos. Outro aspecto no que incidiron os populares foi en facilitar unha información máis clara e cómoda; entre as propostas: volcar as novas liñas de bus en plataformas que informen en tempo real aos usuarios.

Novas relacionadas

  1. Juan Martinez
    Feb 26, 2021 - 10:04 PM

    Fantástica e necesaria nova.Agardemos q agora merezca a pena coller o transporte urbán e asi deixemos… https://t.co/nTYW2rxcl8

    Reply
  2. Pedro Díaz
    Feb 26, 2021 - 05:15 PM

    Muy bonitos los buses. Ahora solo falta saber por dónde andan y cuánto tardan en llegar a la parada.… https://t.co/XZ5EEWkQ34

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com