Lugo chega aos 500 casos de covid logo de máis dun centenar de altas durante a fin de semana

A remisión da terceira vaga da Covid xa é máis que visible. Se o pasado 1 de febreiro lamentabamos a importante suba de casos que se dera durante a fin de semana e que facía chegar a cifra de infeccións activas ata as 2130. Hoxe, 1 de marzo, exactamente un mes despois, podemonos congratular da gran mellora neste baremo que, hoxe, chega ás 500 persoas. 

Durante esta fin de semana, esta cifra, de infeccións activas, baixou en 131 persoas con respecto ao venres. Pero esto, non foi suficiente. Malia que en cifras moi baixas con respecto, precisamente ás dadas o último mes, os novos casos subiron moi lixeramente. Nas últimas 24 horas rexistraronse 12 positivos covid, 3 máis que o venres; unha suba pouco significativa pero que se traslada tamén á presión asistencial. 

Mentres o venres se rexistraba unha gran baixada de pacientes covid nos hospitais da provincia chegando ata as 27 persoas en planta e as 13 na UCI, hoxe esta cifra sube ata as 29 persoas en unidades convencionais e as 14 na de críticos do HULA. 

Por hospitais, na planta de hospitalización do HULA, se rexistran 23 casos covid, outros tres están no Hosiptal da Costa, os mesmos que no de Monforte. 

Por último, subiu tamen a cifra de falecementos notificados esta fin de semana chegando ás 205 persoas, dúas máis que o venres. Trátase dun home de 62 anos que finaba o xoves e unha muller de 87 que perecía o venres, ambos no HULA.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com