Si, hai saída rexeita a celebración das manifestacións do 8 de marzo

Desde a Asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, en relación coas manifestacións convocadas para o 8M, un ano mais, e de xeito especial, manifestamos a nosa intención de non engadirnos a elas.

De novo lembramos o noso profundo respecto polo auténtico movemento feminista, que se amosa todos e cada un dos días do ano e do que nos sentimos parte integrante, e rexeitamos con toda rotundidade, como xa explicamos en anos precedentes, o oportunismo con que é utilizado nesta data por certos colectivos, así como o que semella ser o seu incuestionable dereito de capitalizar todo o relativo a estes actos, e unha actitude excluínte e mesmo soberbia que lles leva a atribuirse a potestade de decidir quen é ou non “digna” de chamarse feminista baseándose nos seus mais que cuestionables criterios, unhos criterios que inclúen, entre outras cousas, un evidente desleixo durante todo o ano que soamente abandonan nas datas que lles permiten alimentar o seu mais que evidente afán de notoriedade, algo que se fixo mais patente se cabe desde que comezou a pandemia e moitas mulleres se atoparon nunha situación de enorme vulnerabilidade e desprotección sen que fixeran nada por tentar axudalas.

Dito isto, o noso rexeitamento e, este ano, mais rotundo que nunca ante a evidente irresponsabilidade que amosan ignorando as recomendacións que desde o Ministerio de Sanidade desaconsellan claramente a celebración deste tipo de actos por mor da grave crise sanitaria que estamos a vivir, demostrando un mais que evidente desprezo pola saúde e as vidas da cidadanía, as que non dubidan en poñer en risco, sendo isto, ademais, un insulto as vidas que a pandemia se cobrou, se está a cobrar, e a tantas familias rotas por esta causa, así como aos profesionais sanitarios, desbordados, con serias pegadas físicas e emocionais, sen esquecer a situación das UCIS ainda saturadas.

No que atinxe a Galicia en xeral e a Lugo en concreto, é absolutamente intolerable que tenten facer deles un territorio a marxe de toda precaución, coma se o virus entendera de límites xeográficos, e que baixo o demencial lema de “imos facer tremer Galicia”, defenden o que dín o seu dereito a manifestarse ignorando por completo o de toda a cidadanía de que a súa saúde, as súas vidas, non sexan postas en risco como resultado do seu egocentrismo e a súa inconsciencia.

Calquera persoa cun mínimo de sentido común sabe que é imposible asegurar que non se vai incumplir ningunha norma de precaución neste tipo de actos, así como a recomendación de que non asista ningunha muller que presente algún síntoma.

Síntomas que poden, inicialmente, ser confundidos cun sinxelo arrefriado, persoas asintomáticas, unha máscara mal axustada mentras se berran as consignas, ou unha distancia de seguridade non respectada, malia que sexa de xeito totalmente involuntario, poden ser o detonante para novos e fatais contaxios.

Non esquezamos que unha elevada porcentaxe de contaxios teñen a súa orixe nos contactos sociais. Hai moitos xeitos de exercer o feminismo, e, por suposto, a irresponsabilidade e o incivismo, que, lamentamos ter que dicilo, é o que están a demostrar coa súa irracional e egoista conducta, non forman parte deles, e menos ainda supeditar ao seu afán de notoriedade o respecto polas vidas alleas.

En Si, hai saída non somos quen de entender a polémica suscitada en torno a este tema, xa que non debería de existir, e o sinxelo feito de que así sexa, é xa indicativo, por si mesmo, de que algo non se está a facer ben, mensaxe que lanzamos non soamente a quen organiza este tipo de actos que son, nestes momentos, un gravísimo despropósito, sexa cal sexa a causa pola que se convoquen, se non a aqueles que teñen a potestade de autorizalos ou non e, obviamente, de dirimir se procede, se é mínimamente prudente facelo, malia que unha resposta negativa non sexa a mais popular e poidan, tal vez, implicar un freo a relaxación de certas restricións de cara a próximas datas de lecer.

A vida é a saúde son o primeiro, ou así debería ser.

Non obstante, en Si, hai saída temos a esperanza de que este imprudente desatino teña, polo menos, unha consecuencia positiva: Que, por fin, tanto a sociedade como as Institucións reflexionen ante o que moitas veces denominan a lixeira feminismo e a quen atribuen a condición de feminista e lles brindan o seu apoio.

Ambos termos son dignos do maior respecto e non merecen ser manchados nin mesturados, de xeito ningún, coa irresponsabilidade e coa falta do mais elemental civismo.

O auténtico feminismo respecta a vida.


Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com