A voceira municipal de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao, criticou esta mañá a xestión económica levada a cabo polo Goberno local. Louzao advertiu de que o Concello encamíñase cara un endebedamento crónico froito da ausencia dun proxecto de cidade e como consecuencia da falta dunha planificación do gasto racional. Entre as cifras dadas pola edil da formación laranxa, no ano 2020 o Concello ingresou 80 millóns de euros e gastou 89,6, un desequilibrio que, segundo defende Louzao, débese a unha pésima planificación.
Así o constatan os técnicos municipais no informe sobre a liquidación do orzamento de 2020 que se acaba de coñecer. O Interventor municipal sinala literalmente neste informe que “os estados de execución orzamentaria en materia de ingreso, en relación a exercicios precedentes, reflicten un importante estancamento na súa evolución, completamente diferente a evolución ascendente en materia de gastos, amosando un preocupante horizonte”.
“A esta situación xa de por si mala, hai que sumarlle o irremediable aumento do gasto corrente cos novos contratos do servizo de recollida de lixo e de transporte público que a pesar de ser necesarios supoñerán un maior desequilibrio orzamentario para o que o Concello non está preparado. Levamos tempo advertindo de que o deseño dos orzamentos do partido socialista levan a Lugo a un endebedamento crónico. Este endebedamento traducírase a medio prazo ou ben nunha redución de servizos prestados ou nun aumento da carga fiscal sobre a cidadanía para equilibrar as contas como así recoñece o Interventor no seu informe. Non existe outros escenarios”, dixo.
Louzao considera que está situación empeorará nos próximos exercicios. “O bipartito está utilizando a financiamento europeo para realizar proxectos efectistas cuxo gasto de mantemento e persoal non está contemplado polo que este desequilibrio irá en aumento nos próximos exercicios ata chegar a unha situación insostible. Por poñer un exemplo sinxelo da situación: falan da construción dun centro de coliving ou dunhas caldas artificiais na contorna do río, pero os gastos derivados destes novos equipamentos non están previstos. O mesmo sucede coas obras xa en proceso de execución como o edificio Impulso Verde. A obra faise con financiamento europeo pero o Goberno local está a gastar nunha instalación que haberá que manter e dotar de persoal sen prever o impacto que terán as arcas municipais e o que é aínda peor, sen darlle un uso definido máis ala dunha sala de reunións e un espazo expositivo”, proseguiu.
A voceira de Cs sinalou considera que o peor de todo e que este endebedamento que hipotecará o futuro do Concello non se debe a un grande programa de investimentos, se non a un mal deseño dos mesmos. De feito no exercicio que acaba de finalizar a inversión total reduciuse a 6,9 millóns de euros o que supón 68,9 euros por habitante. “Por exemplo, de todos os fondos europeos que o Concello percibe e nos que a alcaldesa basea toda a súa xestión coa súa ‘política de anuncio’, como os proxectos Life, DUSI, ou Europa Direct, soamente investíronse 694.093 euros”,concluíu.
Mar 03, 2021 - 03:52 PM
Uffff… huele a presa del PP.