Continúa en descenso o número de casos activos na área sanitaria de Lugo; nas últimas 24 horas a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade notificou 10 novos positivos. Así, o numero de infectados por Covid-19 na provincia sitúase en 339.
A presión hospitalaria tamén continúa á baixa, con 30 hospitalizados entre o Hula e o hospital de Monforte, deles 20 están ingresados en planta e 10 na UCI do Hula.
En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.952, deles 1.342 son da área da Coruña, 339 da de Lugo, 244 da de Ourense, 541 da de Pontevedra, 676 da área de Vigo, 451 da de Santiago e 359 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 82 están en UCI, 310 en unidades de hospitalización e 3.560 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 107.299 persoas curadas, rexistrándose 2.264 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.707.039.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.