Alumnos e mestras do CEIP Ricardo Gasset do Concello do Incio elixiron a varias mulleres nadas no propio Concello, na súa contorna ou con algunha relación co Concello para adicarlles diferentes espazos do centro, como as aulas, o salón de actos, o pavillón ou a biblioteca.
Ao mesmo tempo os nenos e nenas recibiron información sobre as súas vidas e logros. Desde o Concello do Incio danlle os parabéns ao CEIP Ricardo Gasset por esta iniciativa tan novidosa posta en marcha con motivo do Día da Muller.
As mulleres escollidadas para nomear os diferentes espazos do centro foron Julia Otero, Lucía Pérez, Olga Novo, Marica Campo, Tareixa Campo, Saleta Fernández López, Susana Rodríguez e Montse Valcárcel.
Agora o CEIP Ricardo Gasset porase en contacto con elas por se queren dirixirse aos nenos e nenas e trasladarlles algunha mensaxe.