A Unión de Gardas Civís de Galicia denuncia o atraso na vacinación da Covid 19 dos axentes galegos. Segundo denuncia o seu presidente, Marcelino García, o SERGAS non chamou a vacina a ningún garda civil de Galicia cando o restante dos servizos sanitarios doutras comunidades xa vacinaron aos axentes do Corpo da Garda Civil.
A citada situación de abandono, que por parte do SERGAS, están a sufrir os Gardas Civís de Galicia “non é única e comparativamente con respecto aos funcionarios do Corpo Nacional da Policía da súa Comunidade, senón que, cónstanos nesta Asociación que os compañeiros de Galicia son dos últimos (por non dicir os últimos) en ser vacinados de todo o territorio nacional”, explicou García.
“Os Gardas Civís prestamos servizo durante a pandemia, dunha maneira exemplar, cunha forte carga emocional e velando polo cumprimento da lei en todo momento, sen perder a serenidade e soportando situacións de incerteza e gran tensión. Ese traballo eficaz e calado que conforma unha importante labor humanitario, foi fundamental na loita contra o coronavirus”, denuncian dende o colectivo nunha misiva enviada aos medios.
Marcelino García na súa calidade de presidente da Unión de Gardas Civís asegura que, dende o corpo estatal, “garantimos a información dos nosos veciños, sobre todo os nosos maiores das zonas rurais onde estamos e temos que seguir despregados, que chamaban aos cuarteis preguntando polas restricións que lles afectaban. Garantimos a repartición de víveres e medicamentos ás persoas que viven en paraxes máis inaccesibles, colaboramos na repartición de máscaras e efectuamos controis de mobilidade para conter desprazamentos restrinxidos, entre outras actividades”.
Unha labor de “contacto estreito” fixo que o Ministerio de Sanidade se lles incluise no grupo 6 da estratexia nacional de vacinación. Sen embargo, a vacinación téñena que levar a cabo as distintas comunidades autónomas “como profesionais esenciais que somos”. “Desde UnionGC presentamos hoxe un escrito á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para que proceda inmediatamente á vacinación dos Gardas Civís destinados nesta Comunidade Autónoma”.
Mar 11, 2021 - 09:38 PM
Pois que calmen, xa os chamara