Aspirantes, tribunal e Banda de Música realizaron a proba de antíxenos para asistir ao último exame da praza de director

A Concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, informa que o protocolo realizado para concorrer á praza de director da banda de música de Lugo inclúe medidas preventivas e aclara que se  “tomaron precaucións específicas para minimizar a exposición de todas as persoas que interveñen na proba como solicitar aos aos asistentes a realizar unha proba de antixenos previa”.

Este terceiro e último exame que terá lugar mañá, ás 16:00 horas no Polideportivo de Frigsa, convoca aos dous aspirantes á praza de director e á Banda Municipal de Lugo. Os opositores disporán de 40 minutos, 20 por obra, para o ensaio ante o Tribunal e, a continuación, dirixirán á Banda, sen interrupción, as obras ensaiadas durante o tempo que indique o Tribunal.

En canto ás probas a realizar polas persoas aspirantes, foi necesario establecer unhas pautas para ter en conta durante a celebración das mesmas, coordinadas polo servizo de Prevención de Riscos do Concello, ao tempo que se solicitou aos asistentes, colaboración na adopción de medidas e recomendacións realizadas para evitar o contaxio da pandemia e impedir a súa propagación co fin de garantir a seguridade de todas as persoas nos espazos habilitados na realización dos exames.

Paula Alvarellos lembraba que é o último exame “para optar a praza en propiedade, de acceso en quenda libre, que se rexerá por un sistema selectivo no que se esixe o título superior de Música ou equivalente na especialidade de Dirección de Orquestra, expedido polo Conservatorio Oficial de Música”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com